21 feb 2012

ENTROIDO 2012

Xa chegou o Entroido.
Este ano como o noso tema de traballo anual é o mar e a pesca, e todos os disfraces que se fixeron tiveron carácter mariñeiro.


Puidemos ver: polbos, mariñeiros/as, peixes, gaivotas, buzos, peixeiras e peixeiros , sereas, estrelas de mar,...


9 ene 2012

FALADOIRO DE OUTONO



O venres, 9 de decembro, celebramos o primeiro Faladoiro deste curso escolar: O Faladoiro de Outono, do que, esta vez, se encargaron os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria.

Estas son as presentadoras:













Abren o Faladoiro os de Cuarto de Educación Infantil bailando: "O paraugas do Xosé".



Agora son os de Quinto A de Educación Infantil co: "Xogo da carrasquiña"














Os de Quinto B de Educación Infantil fan: "O camiño de Viseu"














Sexto de Educación Infantil agasállannos co poema: "O varredor"



Pasamos a Primaria e os de 1ºA recitan "Vén onda nós o outono"














E imitanos os de 1º B con: "Poesía das cores e refráns"















O grupo de 2ºA preparou o recitado de: "Eu quero ser mariñeiro"














E rematan este Faladoiro os de 2ºB con: "O Chucurruchu"














Así de animada foi a fin de festa na que se cantou e se bailou: "Debaixo da figueira"


E, por último, presentámosvos ao noso público:

19 may 2011

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O CEIP Pintor Laxeiro de Vigo celebrou a Semana das Letras Galegas durante a semana do 9 ao 13 de maio. Nela tivemos:

TEATRO

Os nenos e nenas do colexio de Frian - Teis, visitáronnos e representaron, para o noso alumnado, a obra titulada:
O Espiritu do bosque















OBRADOIRO:O Xogo do PAPAPÍO

Nel participaron os alumnos e alumnas de 6º B e colaborou a Fundación Carlos Casares














CORRELINGUA

Manifestámonos pacificamente, xunto con outros moitos centros da zona, en prol da lingua galega





FALADOIRO DE PRIMAVERA

Representamos o noso tradicional Faladoiro de Primavera, en dúas sesións: o xoves para os máis pequenos e o venres para os de Primaria.

FALADOIRO DE PRIMAVERA DE INFANTIL





















FALADOIRO DE PRIMAVERA DE PRIMARIA











9 abr 2011

Teatro Intercentros

Esta semana leváronse a cabo as II Xornadas de Teatro Escolar, nas que participaron os nosos alumnos/as coa obra "A viaxe de Farrapos"