13 feb 2011

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO

“O MUNDO DA NANOTECNOLOXÍA”
EXPOSICIÓN CIENTÍFICA SOBRE O NANOMUNDO




Durante esta semana no colexio realizouse:

a)Unha exposición de carteis sobre ou mundo dá Nanotecnoloxía (proporcionada pola Universidade de Vigo).

b)Unhas demostracións científicas para os nenos de todo o colexio:


b.1.- Infantil: Realizada pola Directora do centro e a Coordinadora en funcións de Dinamización Lingüística. A demostración consistía en facer ver aos nenos como se alimentan as plantas.


b.2.- Primaria.


Primeiro Ciclo. Solicitamos as actividades propostas polo Concello.

Actividades realizadas:

-Observar o proceso de difusión dunha pintura.
-Observar un efecto curioso que resulta de mesturar o leite con colorantes.
-Comprender que non todo o que parece, é.
-Identificar as necesidades de medir.
-Recoñecer e identificar diferentes materiais.
-Observar algunhas das súas propiedades.
-Relacionar as necesidades de medir.
-Recoñecer e identificar diferentes materiais.
-Observar algunhas das propiedades dos metais.
-Relacionar as propiedades dos metais con algúns usos.

Segundo e Terceiro Ciclos de Primaria. Veu persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.


Actividades realizadas:

-Vídeo introdutorio das nanopartículas: vídeo no que se introduce aos alumnos no mundo das nanopartículas. Explicación do concepto de “nanómetro”.
-Mostras con nanopartículas ouro e prata: mostras que conteñen nanopartículas de ouro e prata dispersas nun líquido. Con estas mostras demostrouse que ao reducir o tamaño das partículas as súas propiedades cambian, xa que o ouro xa non é amarelo senón vermello e a prata non é gris senón amarela.
-Puntos cuánticos: mostras que conteñen nanopartículas dispersas nun líquio e que presentan propiedades fluorescentes. Cando estas dispersións de partículas son irradiadas con radiación ultravioleta emiten luz debido ao fenómeno da fluorescencia.
-Película con nanopartículas de ouro: observar a través dun polarizador o cambio de color dunha película de nanopartículas de ouro ordenadas cando a rotamos.
-Ferrofluído: observar as propiedades magnéticas dun líquido que contén nanopartículas de ferro.
-Reacción con cambio de cor: reacción de oxidación de glicosa. Cando a disolución se axita pasa a cor azul por reacción do oxíxeno con un indicador e cando se deixa de axitar perde esta cor por transferencia do oxíxeno dende o indicador á glicosa.
-Variación do pH: observar o cambio de color (rosa -incoloro) dun indicador cando o pH da disolución varía entre ácido e básico.
-Volcán de espuma: reacción química de descomposición de auga osixenada en auga e osíxeno. Para visualizar o osíxeno que desprende a reacción, engádese xabón para formar un volcán de espuma co osíxeno desprendido.















As aulas dispoñían da hora da biblioteca para que os alumnos/as fixeran unha serie de xogos matemáticos.



COLABORAN:

Concello de Vigo, Universidade de Vigo , Colloid Chemistry Group

No hay comentarios: